Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

europa

Novas

CENTROS DE MAIORES

A Xunta organiza un programa de actividades para a prevención da dependencia no centro de día de Cambados

[04/12/2018] O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, Perfecto Rodríguez, presentou esta mediodía no novo centro de día da rede de atención aos maiores da Xunta de Galicia en Cambados, as actividades que se desenvolverán nel a partir deste mes de decembro e que permitirán ademais que os veciños da zona poidan coñecer as súas instalacións, o seu funcionamento e os servizos dos que dispón.

INCLUSION

A Xunta forma en aprovisionamento e almacén a 15 participantes na Estratexia de Inclusión Social de Galicia

[27/11/2018] Un grupo de 15 persoas, que participan na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, impulsada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, fórmanse en aprovisionamento e almacén no sector da venda, no concello ourensán de Xinzo de Limia.

ESCOLAS INFANTÍS-CENTROS MAIORES

A rede de escolas infantís da Galiña Azul e os centros de maiores súmanse á campaña da Xunta polo Día Internacional para a eliminación da Violencia de Xénero

[24/11/2018] As escolas infantís para nenos de 0 a 3 anos da rede autonómica A Galiña Azul e os centros para a atención aos maiores da Consellería de Política Social sumáronse durante esta semana á campaña institucional da Xunta de Galicia co gallo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, que se conmemora mañá, domingo 25 de novembro.

ESCOLAS INFANTÍS

A Xunta estuda co Concello de Salvaterra de Miño as necesidades da escola infantil da rede A Galiña Azul nese municipio

[23/11/2018] O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, Perfecto Rodríguez, acompañado pola tenente de alcalde de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e por técnicos da unidade de Obras do Consorcio, visitou esta mediodía a escola infantil da rede autonómica A Galiña Azul nese concello pontevedrés, que oferta 61 prazas (4 unidades) para nenos de 0 a 3 anos no presente curso 2018-2019.

ESCOLAS INFANTÍS

A Xunta supervisa as obras de mellora realizadas este ano na escola infantil da rede a Galiña Azul de O Porriño-Torneiros

[23/11/2018] O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado por técnicos da unidade de Obras do Consorcio, visitou esta mañá nese concello pontevedrés a escola infantil de Torneiros, da rede autonómica A Galiña Azul, que oferta 61 prazas (4 unidades) para nenos de 0 a 3 anos no presente curso 2018-2019.

Anteriores | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Seguintes

Imprimir Enviar



logo
© Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar